Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
GIRA Mujeres, o programa de formación e capacitación para o emprendemento feminino impulsado por Coca-Cola en España, celebra no Castelo de Vimianzo a primeira sesión de GIRA Mujeres RuralTALKS.
A xornada terá lugar o xoves 25 de abril de 11:00 a 12:30 horas e está dirixida a mulleres emprendedoras cunha idea ou non de negocio no mundo rural, empresarias rurais, mulleres que busquen motivación e inspiración no mundo rural, organizacións que impulsen o emprendemento feminino rural e autoridades públicas locais e rexionais.
O obxectivo é impulsar e fomentar o emprendemento no rural e enriquecer a conexión entre as mulleres emprendedoras e os territorios nos que se desenvolven os proxectos. Neste sentido, trátase de contribuír a dar o paso para iniciar ou fortalecer un proxecto emprendedor.
Programación do faladoiro
A formación dará comezo ás 10:30 horas coa recepción das persoas participantes. Ás 11:00 o equipo de RuralTALKS encargarase de dar a benvida ás persoas asistentes para comezar coa sesión.
Será ás 11:15 horas co coloquio ‘Moldes Innovadores para inspirar negocios rurales’ e continuará a partir das 11:30 horas co panel ‘Recursos para Mujeres Emprendedoras Rurales’. O seguinte, que dará comezo ás 11:45 horas, será ‘Emprendedoras Referentes rurales’.
Ás 12:05 horas realizarase unha parte práctica baixo o título ‘Red de Contactos’.
Para pechar o día realizarase unha visita polas aulas dos artesáns do Castelo e ao mediodía unha degustación de sabores locais. Por último, a partir das 15:00 horas farase un percorrido histórico polo municipio.
As mulleres interesadas en participar deberán inscribirse previamente a través da ligazón habilitada.
A concelleira de Benestar Social, María José Pose, destacou que “é un orgullo poder acoller en Vimianzo unha xornada destas características e facer chegar ás nosas veciñas cuestións tan importantes coma estas”.