Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo vén de asinar un convenio coa Sociedade Deportiva Soneira Club de Fútbol co obxectivo de contribuír ao fomento da práctica deportiva, especialmente o fútbol. A alcaldesa, Mónica Rodríguez, asinou a colaboración co presidente do club, José Alfonso Miñones.
Precisamente, coa finalidade de contribuír á realización da actividade deportiva, a través deste convenio o Concello destinará 16.000 euros para cubrir gastos de persoal vinculados coa actividade, aloxamento e manutención en competición, licenzas e cotas de participación, material deportivo específico, seguros e outros gastos xerais da entidade.
O obxectivo é garantir unhas condicións óptimas para a realización deste deporte, e que o club poida promovelo especialmente naquelas idades comprendidas entre os 5 e os 17 anos, que abranguen as categorías base desde a prebenxamín ata a xuvenil, sen esquecer ao equipo sénior.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destacou que se trata “dunha colaboración moi importante e de gran valor para promover o deporte e a actividade física desde as idades máis temperás”. Ademais, continuou “para nós é de gran relevancia que os pequenos e pequenas poidan xogar nas mellores condicións, e para iso o club ten que contar cos medios e apoio necesario para poder darllas”. A rexedora quixo agradecer o intenso labor do club e o seu “firme compromiso con estas categorías”.
Pola súa parte, o presidente da entidade, José Alfonso Miñones, quixo “agradecer o apoio do Concello para poder realizar a nosa actividade da mellor maneira posible”.