Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Continúan as clausuras das escolas municipais na Casa da Cultura e o domingo foi a quenda do Grupo de Teatro Os Sapapusios de Pasarela, outro dos grupos de teatro afecciondo da escola municipal. Moitos veciños e veciñas agardaban ansiosos a presenciar a funcióne de ver a Begoña Lema, Manuel Álvarez, Elena Alvarellos, José Manuel Lema, Carmen Canosa e José Mª Rocha convertidos en argallantes personaxes dando lugar a curiosas situacións dentro da tenda de Lencería fina, que daba nome á peza teatral.
Unha comedia que arrincou en numerosas ocasións a risa e o aplauso de todos os presentes. Un grande éxito do traballo realizado por estes artistas de Pasarela, que se superan actuación tras actuación.
O vindeiro domingo tocaralle á Escola de teatro de Vimianzo representar Vodevil ante o público da Casa da Cultura, ás 20 horas