Concello de Vimianzo
26 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

22-03-2024

Vimianzo dá a coñecer a súa historia ‘do castrexo ao medievo’ da man de Tito Concheiro

O Concello de Vimianzo dá a coñecer a súa historia coa exposición ‘Vimianzo no tempo, do castrexo ao medievo’, que xa pode verse no Castelo e estará dispoñible ata o 31 de maio.

A inauguración correu ao cargo do arqueólogo Tito Concheiro, que estivo acompañado da alcaldesa do municipio, Mónica Rodríguez, a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Beatriz Pazos, o deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, e outros membros da corporación municipal.

A inauguración da mostra tivo lugar esta mesma mañá cunha visita guiada polo arqueólogo Tito Concheiro desde o Castro das Barreiras, do que o historiar destacou “o gran valor histórico e patrimonial deste conxunto, localizado nun punto único do municipio, o que o volve unha peza do máis especial”. Tras facer un breve repaso das características deste enclave, a visita continuou no Castelo.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destacou que “é un orgullo presentar a historia de Vimianzo e poder presumir do noso patrimonio, que nos coloca como un punto de interese turístico moi importante” . Ademais, quixo agradecer o esforzo e traballo de todas as persoas “que traballan a diario para manter a nosa historia viva e que poidamos gozar destas iniciativas, que serían imposible sen elas”.

Pola súa banda, o deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, salientou o compromiso da Deputación con Vimianzo “vimos de asinar o convenio para manter a actividade no Castelo e nos Batáns e seguiremos traballando para poñer o noso grao de area en que a historia e o patrimonio de Vimianzo non se perda”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X