Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo facilitará a conciliación laboral nesta Semana Santa co ‘Vimicampamento’. As actividades están dirixidas aos nenos e nenas de entre 3 e 12 anos do municipio e terán lugar do 25 ao 27 de marzo na Casa da Cultura, en horario de 10:00 a 13:00 horas.
A cativada poderá gozar de moi variadas actividades da man de Teatro Calavera, entre as que non faltará a maxia e os experimentos. O espectáculo ‘Calavera Circus’, unha escola de maxia, un taller de pompas xigantes, xincanas, a festa do circo e experimentos científicos son algunhas das iniciativas programadas para estes días.
As inscricións poderán formalizarse a partir do martes, 19 de marzo, de maneira online a través da sede electrónica municipal ou de forma presencial na Casa da Cultura, en horario de 9:30 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas.