Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Publicado no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 13 de marzo as probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 1, 2, 3 e 4.
Código do procedemento: PL500C
Destinatarios / as: Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.
Prazo de inscrición: do 14 de marzo ao 05 de abril de 2024 (inclusive)
Contía das taxas de exame: 16,92 €.
Lembrámosvos que as certificacións de lingua galega son obrigatorias para presentarse a algúns procesos selectivos da administración autonómica e local como as listaxes de vinculacións temporais da Xunta de Galicia e, noutros casos eximen de presentarse ao exame de galego como nas listas de Seaga, distintas oposicións da Xunta de Galicia, Servizo Galego de Saúde, prazas nas administracións locais. ou poden puntuar en concursos para optar a prazas das distintas administracións públicas.
Recordarvos tamén que para prepara-los exames Celga tedes tresopcións:
Máis información:
CASA DE PEDRA 981 737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 14:00