Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo continúa coas melloras nos camiños municipais e proxecta dúas novas actuacións co obxectivo de facilitar a accesibilidade en todos os puntos do municipio.
Os traballos realizaranse no viario de acceso a Castromil (Salto) e en Oróns (Bamiro) e contarán cun orzamento de 95.747,30 euros, financiados a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).
As obras, que contan cun prazo de execución aproximado de seis meses, supoñen un reforzo do firme existente e a incorporación de novas capas máis axeitadas ás características do tráfico rodado que soportan no día a día.
A primeira das actuacións, no acceso a Castromil, inclúe a limpeza de gabias de ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe con 6 cm de aglomerado en quente en toda a plataforma, coa correspondente reparación de imperfeccións en toda a zona. Para finalizar, procederase á sinalización horizontal co pintado de liñas de bordo e símbolos e á vertical coa colocación de sete sinais de STOP. Esta actuación é a última do proxecto de aglomerado desde Reboredo ata Castromil.
En Oróns, nos treitos de 110x3,5 e 120x3,5 m, procederase á limpeza de gabias ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe con 5cm de aglomerado en quente, fresándose previamente o pavimento existente.
En canto aos treitos de 145x3,5 , procederase á limpeza de gabias ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe.
O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, destacou “a importancia destas actuacións, que forman parte do mantemento do noso municipio e benefician á nosa veciñanza, favorecendo as conexións entre os distintos núcleos”.