Concello de Vimianzo
26 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

06-03-2024

Vimianzo inviste máis de 180.000 mil euros na renovación de varios camiños rurais do municipio

Vimianzo continúa coa súa aposta pola mellora dos camiños municipais no rural con varias obras enmarcadas no Plan de Rehabilitación de Camiños de zonas de concentración e reestruturación parcelaria.

Os traballos realizaranse no viario municipal de Moreira – As Lagoas (Carnés), onde se procederá á limpeza de gabias a ambas marxes e á mellora da capa de rodaxe. Ademais, aplicarase unha capa de cinco centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma. A actuación completarase coa sinalización horizontal e vertical, co pintado de liñas en bordes e símbolos e colocación de dúas sinais de STOP.

No camiño municipal de Castro (Salto) procederase, do mesmo xeito, á limpeza de gabias a ambas marxes e á mellora da capa de rodaxe. Aplicarase unha capa de seis centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, con reparación previa dos desperfectos existentes. Contémplase tamén a canalización de 70 metros de tubaxe de polietileno e a execución de tres arquetas con sumidoiro. A actuación rematarase coa sinalización horizontal da vía.

Ambas actuacións contan cun orzamento de 91.445,10 euros e un prazo de execución aproximado de seis meses.

Por outra banda, inclúese na mesma liña de axudas a reparación do viario de Cuadra a Bouza (Baíñas). Este camiño atópase, na actualidade, en xabre, sendo insuficiente para o tráfico de vehículos de gran tonelaxe. Por iso, faise necesario actuar, de maneira que se facilite o acceso ás instalacións agrícolas e gandeiras. Por último, completarase a actuación coa limpeza de gabias a ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe.

O viario de Tines a Vilar, na actualidade, está en asfaltado e conta cun firme e ancho insuficientes para o tráfico destes vehículos. Por este motivo, procederase á limpeza das gabias a ambas marxes e á mellora da capa de rodaxe con tratamento asfáltico superficial e rego de selado en toda a plataforma.

Estas obras contan cun investimento de 89.894,92 euros e un prazo de seis meses para a súa execución.

O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, salientou que estas actuacións “son moi necesarias para as conexións do noso rural e para garantir o correcto o acceso a todos os puntos” e, completou, “seguimos traballando para coidar e manter en boas condicións cada recuncho do noso municipio”.



Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X