Concello de Vimianzo
26 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

02-03-2024

Vimianzo dará a coñecer a historia de oito mulleres do municipio co podcast ‘8 miradas’

O Concello de Vimianzo dá a coñecer unha completa programación de actividades para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, que inclúe a creación dun podcast protagonizado por oito mulleres do municipio, o Roteiro 8M e unha sesión de contos da man de Ángeles Goás.

As actividades darán comezo o martes, 5 de marzo, cunha camiñada polo percorrido do Roteiro 8M, que sairá ás 11:00 horas desde o mirador. A iniciativa é aberta a toda a veciñanza e, ademais, conta coa participación xa confirmada do alumnado da ESO do IES Terra da Soneira. En cada unha das paradas, será o psicólogo municipal, Sergio Trillo, o encargado de explicar a historia.

O venres, 8 de marzo, as 11:00 horas, terá lugar a presentación do podcast ‘8 miradas’. Unha iniciativa creada co obxectivo de dar a coñecer a historia de distintas mulleres do municipio a través dunha conversa gravada con Sergio Trillo. Son un total de 8 pezas en vídeo protagonizadas por mulleres diferentes, únicas, e con perfís e experiencias moi distintas e peculiares.

Na inauguración expoñerase un pequeno vídeo resumo con algúns detalles sobre cada un dos episodios, que son:

-            ‘De Senegal a Vimianzo’, protagonizado por Bintou Coly.

-            ‘Vivir cantando’, protagonizado por Carmen Limideiro.

-            ‘Poeta autóctona’, protagonizado por Natalia Lema.

-            ‘Máis alá da cegueira’, protagonizado por Carmen Lorenzo.

-            ‘Os coidados e o teatro’, protagonizado por Teresa Ferreira.

-            ‘A lucidez na lonxevidade’, protagonizado por Manuela Conde.

-            ‘Alemania, EEUU, Perú, Galicia’, protagonizado por Sabine Pfeiffer.

-            ‘A persoa trala política’, protagonizado pola alcaldesa, Mónica Rodríguez.

En cada historia, as mulleres protagonistas relatan distintas curiosidades e experiencias que marcaron as súas vidas. O alumnado da ESO do IES Terra da Soneira foi o excepcional público de cada gravación, creando un vínculo interxeneracional e rompendo coas barreiras que existen, na actualidade, para comunicarnos.

Chegar ao público máis novo a través das mulleres adultas era un dos principais obxectivos desta iniciativa, tal e como sinala a concelleira de Benestar Social, María José Pose, “escollemos este formato para chegar ás novas xeracións a través da tecnoloxía e facerlles chegar a mensaxe de oito mulleres que son un exemplo de superación e esforzo para conseguir todo aquilo que se propuxeron”. Unha forma de, indicou, “conectar a distintas xeracións a través das historias das nosas veciñas e do papel que desenvolveron ao longo da historia”.

As pezas, que se irán compartindo de maneira semanal a través das redes sociais, perdurarán no tempo, “para que as persoas poidan acceder a elas sempre que así o desexen”, completou a edila, “e non esquecer nunca que ao longo de moitos anos, foron moitas as mulleres que teceron a súa vida e deron pasos de xigantes para demostrarnos a todos e todas que podemos derrubar ata as barreiras máis altas para conseguir o que nos propoñemos”.

Para pechar a programación, o sábado, 9 de marzo, ás 20:30 horas, o auditorio da Casa da Cultura acollerá unha sesión de contos da man de Ángeles Goás. ‘Herdanza’ foi creada con anacos de vida de mulleres loitadoras que deixaron, tras de si, un legado para todas aquelas que queiran seguir os seus pasos.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X