Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, Miguel Ángel Pérez, reuníronse esta mañá coa subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, para presentarlle o proxecto de extensión do tránsito peonil desde Ponte do Porto, Camariñas, ata a parroquia de Cereixo.
O obxectivo desta iniciativa é dar maior percorrido á senda que une ámbolos dous municipios, incrementando a seguridade para os peóns neste punto e mellorando a estética da vía.
Mónica Rodríguez sinalou que se trata dunha actuación “moi demandada polos nosos veciños e veciñas, que verían incrementada a súa seguridade de maneira notoria neste último tramo”.
Destacou, ademais, que é unha mellora importante das infraestruturas municipais e da estética xeral das mesmas, contribuíndo ao incremento de servizos e de oportunidades para a veciñanza.
Por outra banda, Rivas resaltou a necesidade de “apoiar aos municipios, especialmente aos máis pequenos”, xa que “estas actuacións son moi importantes para os concellos, xa que supoñen unha mellora importante nas súas pequenas infraestruturas costeiras”.