04-06-2012
Excelentes interpretacións ao piano e violín demostraron o talento dos artistas locais
A música foi a protagonista da tarde do sábado na Casa da Cultura. Dezaoito pianistas e violinistas do concello demostraron ante un auditorio, entre o que se atopaban numerosos familiares e amigos dos artistas, un gran talento. Tatiana Pankrátova, a profesora de piano, e Dasha Pankrátova, a profesora de violín, abriron o acto cunhas palabras de agradecemeto por intentar potenciar a cultura e a música en tempos tan difíciles.
Ana Torres e Xoán Antelo, dous dos pianistas vimianceses, foron os encargados de presentar as actuación que interpretaron os alumnos e alumnas da escola:
- Balbina Rodríguez, ao piano, interpretou un Vals, de Schubert
- Alexia Canosa, ao violín, interpretou Campanitas e Twilight waltz, tradicional
- María Gándara, ao piano, interpretou La donna e mobile, de Verdi
- José Castro, ao violín, interpretou Happy days, tradicional
- Brais Pereira, ao piano, interpretou Tango Argentino, de Rodríguez
- Laura Quintáns, ao violín, interpretou Jumping rope, tradicional
- José Ventura, ao piano, interpretou Love me tender, de Elvis Presley
- Catalina Lema, ao violín, interpretou Hop scotch, tradicional
- Mar Pazos, ao piano, interpretou Melodía francesa, de Legran
- Roberto Iglesias, ao violín, interpretou Swinging e
- Carolina González, ao piano, interpretou Nana, de Mozart
- Xabier Lemus, ao piano, interpretou El condor, de Burgmuller
- Nerea Rojo, ao piano, interpretou Danza alemana, de Beethoven, e Minueto, de Kriger
- Gala Cernadas, ao violín, interpretou Concerto en re menor, de O. Rieding
- Uxía Bello, ao piano, interpretou Tarantella, de Glinka
- Ana Torres, ao piano, interpretou The entretainer, S. Joplin
- Alberto Angües, ao piano, interpretou Vals, de Chopin
- Xoán Antelo, ao piano, interpretou Estudio Revolucionario, de Chopin
Para rematar a xornada musical, as profesoras Tatiana e Dasha Pankrátova, interpretaron melodie, de Gluck, ao piano e violín.
Pechou o acto de clausura o alcalde con palabras de agradecemento para todos os presentes, para os artistas e para as profesoras que conseguiron que se levara adiante esta actividade, que como se puido comprobar tiña moita demanda entre os vimianceses. Este ano deuse o primeiro paso coa creación da escola de música que agardamos se consolide nos vindeiros anos.