Concello de Vimianzo
26 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

03-02-2024

Vimianzo presenta a III edición do Dúatlon Val de Soneira, que se celebrará o vindeiro 2 de marzo

A Casa da Cultura do Concello de Vimianzo acolleu esta mañá a presentación da terceira edición do Dúatlon Val de Soneira, unha proba consolidada no calendario deportivo e que é puntuable para o Circuíto Galego e Dúatlon de Estrada.

Na presentación des hoxe estiveron presentes a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; o concelleiro de Deportes, Sergio Miñones; o técnico municipal Víctor Santos; o delegado da Federación de Triatlón da provincia da Coruña, Gustavo Álvarez; e os deportistas Borja Gómez e Nagore Otero.

Borja Gómez e Nagore Otero son dous deportistas con diversidade funcional que, ademais de participar na proba, protagonizan o cartel desta nova edición. O edil de Deportes, Sergio Miñones, salientou que escoller a dúas persoas coma Gómez e Otero pretende “darlle visibilidade a persoas coma eles, que teñen necesidades especiais pero que, con todo, non deixan de desfrutar do deporte”.

Trillo afirmou que a terceira edición do evento será “todo un éxito, porque é unha proba que goza sempre dun nutrido número de participantes. É un evento deportivo que ten moito peso entre a veciñanza de Vimianzo, da comarca e de toda Galicia”. Ademais, tamén axudará a consolidar ao municipio como “terra de dúatlons”.

Ao igual que na última edición, a carreira consta de tres probas en dúas distancias diferentes:

Distancia súper sprint. Dará comezo ás 14:30 horas e nela participarán deportistas de categoría infantil, cadete, xuvenil e júnior. Serán 2,4 quilómetros de carreira a pé, 7,2 quilómetros en bicicleta e 1,2 quilómetros a pé. Sobre esta distancia tamén haberá proba popular.

Distancia sprint feminina. Arrincará ás 15:30 horas e será sobre un percorrido de 5 quilómetros de carreira a pé; 19,4 de bicicleta e 2,5 quilómetros de carreira a pé.

Distancia sprint masculina. A derradeira proba comezará ás 17:20 horas e nela daranse cita os deportistas que compoñen as categorías masculinas. Farano sobre o mesmo percorrido que o das mulleres.

A saída, meta e transición estarán situadas no entorno da praza do Concello e os itinerarios discorrerán, igual que o ano pasado, polo núcleo urbano de Vimianzo e os lugares de Vilar, As Pasantes, Somonte, Ogas e A Gándara. Está previsto que se corte a circulación nas rúas polas que se desenvolve a proba, permanecendo pechadas ata o remate da mesma.

Para participar, os/as interesados/as deberán consultar a páxina web da Federación Galega de Triatlón www.fegatri.org e facer a inscrición en liña.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X