Concello de Vimianzo
29 de xullo de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

27-01-2024

O Concello convoca o concurso de disfraces no que se repartirán máis 2.800 euros para vivir o Entroido

O Concello de Vimianzo presenta unha programación de Entroido para todos os públicos que está protagonizada polo tradicional concurso de disfraces, no que se repartirán máis 2.800 euros en premios.

O certame contará con catro categorías:

  • Na de comparsas poderán participar agrupacións formadas por un mínimo de 20 compoñentes, que garden unha unidade temática e que desfilen ou realicen algunha actuación.
  • Na categoría de grupos terán cabida aquelas agrupacións formadas por un mínimo de tres e un máximo de 19 compoñentes, que igualmente garden unha unidade temática e que desfilen ou realicen algunha actuación.
  • En canto ás parellas, a agrupación será dun máximo de dous compoñentes, que deberán gardar tamén unha unidade temática.
  • Por último, a categoría individual infantil será para as persoas menores de 16 anos que concursen individualmente.

Todas aquelas persoas que desexen participar deberán inscribirse previamente. Poderano facer desde a publicación das bases no BOP ata o 8 de febreiro de 2024 ás 23:59 horas, a través da Sede Electrónica Municipal ou presencialmente no Rexistro.

A orde do pasarrúas e nas actuacións será determinado en función da orde de inscrición, xa que a cada solicitante seralle asignado un número dorsal, que deberá ser recollido ese mesmo día.

A xornada estará animada desde o comezo coa música da charanga Santa Compaña e a orquestra Eureka.

Desde o Concello animan á veciñanza a participar e “repetir o éxito de participación e diversión que temos cada ano por estas datas”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
18
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X