Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Requisitos das persoas aspirantes:
• Ser maior de 18 anos ou facer esa idade no ano 2024.
• Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria ou de
• calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
• Non estar nin ter estado matriculadas no curso 2023/24 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
• O alumnado matriculado durante o curso 2023/24 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
• Ter solicitado a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, para acudir á primeira convocatoria, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nela.
Prazos de matrícula:
- Convocatoria de abril: do 5 ao 21 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos
- Convocatoria de xuño: do 8 ao 19 de abril de 2024, ambos os dous incluídos
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
Máis información:
• DOGA
• ORIENTADORA LABORAL:
CASA DE PEDRA
981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 - 14:00