Concello de Vimianzo
26 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

03-01-2024

O Concello licita as obras de pavimentación do núcleo de Colúns

O Concello de Vimianzo vén de licitar o proxecto de mellora da pavimentación do núcleo de Colúns e o seu acceso. Inclúese, ademais, a canalización de pluviais e o saneamento de toda a superficie. O orzamento base da licitación do contrato son 108.700,75 euros, e o prazo de presentación de ofertas remata o 10 de xaneiro de 2024.

No relativo á pavimentación do núcleo, trátase dunha superficie de 1355m 2 , que se pavimentarán con 5 centímetros de aglomerado en quente. De maneira previa, bachearase con grava e tratarase con asfalto semiprofundo. Como remate, na marxe efectuarase unha cuneta transitable con 20 centímetros de zahorra e 15cm de formigón.

Por outra banda, a canalización de pluviais estará composta por 320 metros de tubaxes, 3 pozos de rexistro, 13 arquetas sumidoiro, 11 arquetas para as baixantes cos correspondentes enlaces e 2 canais de formigón. A de saneamento, a súa vez, estará composta por 320 metros de tubo de PVC, 13 pozos de rexistro e 11 arquetas para saneamento.

A actuación completarase coa apertura de gabias e a limpeza das salvagabias para o correcto drenaxe, a sinalización horizontal co pintado de liñas de bordo e a colocación de dúas sinais de STOP.

Miguel Ángel Pérez, edil de Obras, sinala que a actuación neste núcleo “supón un avance importante e unha mellora considerable nos accesos e nas comunicacións do lugar”, continuando, así, cun traballo “de mellora nas conexións do noso municipio, das condicións de mobilidade e de abastecemento nos núcleos rurais”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X