03-01-2024
O Concello reforza o departamento de Servizos Sociais e xa conta cun vehículo para desprazamentos
O Concello de Vimianzo xa conta cun reforzo agardado no eido dos Servizos Sociais: un novo vehículo para empregar no desenvolvemento de todos os programas propios nos que se requiran desprazamentos. Trátase dun Volkswagen Taigo de cor negra.
Todas as traballadoras e traballadores de Servizos Sociais do Concello de Vimianzo poderán facer uso deste turismo, que deberá ser de emisión cero, tipo eco ou etiqueta C verde emitida pola Dirección Xeral de Tráfico.
Cubrirá as necesidades en todo este eido, por exemplo á hora de acudir a un domicilio particular ou facer un seguimento por parte da traballadora social do Concello de Vimianzo.
Estará financiado integramente con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España e cun valor estimado de 27.431,22 euros.
Está rotulado coas imaxes corporativas oficiais da Xunta de Galicia, o emblema da Unión Europea e a declaración “financiado pola Unión Europea-Next Generation UE”, o escudo do Concello de Vimianzo e a referencia “Servizos Sociais”.