Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
No Concello de Vimianzo xa está todo listo para un dos días máis máxicos do ano. Este venres, 5 de xaneiro, o municipio recibirá a visita dos Reis Magos de Oriente, que farán un percorrido polas 14 parroquias do municipio.
A ruta dará comezo ás 10:o0 horas na residencia de maiores DomusVi, desde onde se desprazarán ata o salón parroquial de Salto (10:30 h). As seguintes paradas, que serán de 30 minutos, serán a escola de Bamiro (11:00 h), a de Tines (11:30 h), a igrexa de Treos (12:00 h), a praza de Serramo (12:30 h) e a praza do Outeiro de Baíñas (13:00 horas).
A quenda da tarde comezará ás 15:30 horas na Igrexa de Castrelo, continuando coa visita á igrexa de Berdoias (16:00 h), á praza de San Cristovo de Carnés (16:30 h), á praza da igrexa de Cereixo (17:00 h), á escola de Carantoña (17:30 h), á escola de Pasarela de Calo (18:00 h) e á igrexa de Cambeda (18:30 h).
A cabalgata finalizará cun percorrido polas rúas de Vimianzo, a partir das 19:00 horas, e coa recepción real na praza do Concello, programada para as 20:00 horas.
Desde o Concello aseguran que se trata dunha iniciativa única coa que se achega a maxia e ilusión destas datas a toda a veciñanza “é unha oportunidade para xuntarnos todos e todas, independentemente da idade que teñamos, e compartir un momento especial”.