Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
En tanto en canto ás bolsas de apoio ao inicio do curso escolar, puideron optar ás mesmas alumnas e alumnos de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, e ciclos formativos de Grao Medio e Superior empadroados e empadroadas no Concello de Vimianzo.
A concelleira de Benestar Social, María José Pose, insiste na “necesidade de que o Concello saiba atender as necesidades da veciñanza”, incidindo tamén en que “os comezos do curso escolar son, economicamente, complexos, e coas bolsas, podemos aliviar en parte este momento”.
Un total de 25 axudas por natalidade
Desde o Concello de Vimianzo tamén se indica que ata un total de 25 axudas por natalidade foron concedidas. Estas implican tanto nacemento de fillo ou filla, como adopción e acollemento en 2023.