Concello de Vimianzo
26 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

26-12-2023

O Concello mellorará o viario que une Carnio e Arxomil

O Concello mellorará o viario que une Carnio e Arxomil

O Concello mellorará o viario que une Carnio e Arxomil

O Concello de Vimianzo vén de licitar o proxecto de mellora do viario que une Carnio e Arxomil, así como un en Xora e o que vai de Reboredo a Tines. O orzamento base da licitación do contrato son 74.340,67 euros, e o prazo de presentación de ofertas remata o 10 de xaneiro de 2024. Está incluído no Plan Único Adicional da Deputación da Coruña 2023.

No relativo ao primeiro, preténdese optimizar a capa de rodaxe dunha vía de 200 metros de lonxitude por 4 metros de ancho, con tratamento asfáltico superficial e rego de selado. Previamente repararanse os baches e perfilaranse as mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Contémplase tamén a apertura
de gabias e limpeza de salvagabias para a correcta drenaxe lonxitudinal e transversal.

En Xora, actuarase nunha vía de 200 metros de lonxitude e 5 metros de ancho, con 5 centímetros de zahorra e 15 centímetros de grava, tratamento asfáltico semiprofundo e tratamento asfáltico superficial e rego de selado. Tamén se abrirán as gabias e limparanse as salvagabias para a correcta drenaxe lonxitudinal e transversal.

Por último, a infraestrutura que vai de Reboredo a Tines mellorarase en tres fases, xa que está dividida en tres treitos cunha lonxitude total superior aos 350 metros, e un ancho de 4,5 metros de media. Aplicarase tratamento asfáltico superficial e rego de selado, previa reparación dos baches e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Como nos anteriores, contémplase a apertura de gabias e a limpeza de salvagabias para a correcta
drenaxe lonxitudinal e transversal.

Miguel Ángel Pérez, edil de Obras, sinala que este compendio de melloras responde “a unha liña de traballo continuísta no que a optimización de infraestruturas públicas se refire”, enfatizando a “natureza do noso municipio, que é o sexto en extensión territorial e que precisa dunhas acometidas regulares para poder actuar en todas as zonas que o necesitan”. Pérez subliña que “a nosa intención é efectuar tarefas deste tipo nas 14 parroquias de Vimianzo, e nos seus 133 lugares, dun xeito homoxéneo para que as conexións interparroquiais redunden no benestar da veciñanza”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X