Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo celebra este ano a terceira edición dos seus ‘Cantos de Nadal’, que contará coa actuación do grupo Alana, conformado polo vimiancés Pablo Castro, Eloy Vidal e Antía Vázquez.
A programación inclúe unha visita a cada unha das parroquias e dará comezo este mesmo venres, 15 de decembro, ás 18:00 horas, na escola de Treos. Continuarán ás 20:00 horas no salón parroquial de Castromil, en Salto.
O sábado, 16 de decembro, será a quenda da escola de Carantoña e da casa da cultura de Baíñas, ás 18:00 e 20:00 horas respectivamente.
As actuacións continuarán o luns, 18 de decembro. O grupo musical estará ás 18:00 horas no centro cultural de Carnés e ás 20:00 horas na escola de Vilar, en Cereixo.
O martes, día 19, o local social de Comareiro, en Serramo, acollerá os seus cantos ás 18:00 horas. Ás 20:00 horas serán na escola de Berdoias.
O mércores, día 20, a primeira actuación, ás 18:00 horas, será na escola de Castrelo e a segunda, ás 20:00 horas, na de Cambeda.
O xoves, día 21, a xornada comezará na escola de Bamiro ás 18:00 horas e continuará ás 20:00 horas na escola de Tines.
O venres, 22 de decembro, será a última xornada desta terceira edición dos Cantos de Nadal. A escola de Pasarela, en Calo, será a primeira das dúas actuacións do día. O programa pecharase cunha gran actuación ás 20:00 horas no Recuncho Gastronómico de Vimianzo.
Ao remate de cada unha das actuacións haberá unha gran chocolatada para todas as persoas asistentes.
Desde o goberno local convidan a toda a cidadanía a achegarse a gozar destas actuacións, coñecer máis de preto a música popular galega con este grupo e, por suposto, celebrar o Nadal en compañía dos seus veciños e veciñas.