Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo propón varias actividades de cara o 25N nas que ‘todas as pezas’ son importantes. O principal obxectivo destas é continuar a liña de concienciación e posta en valor de que “cada acción individual forma parte dun todo da acción veciñal que é fundamental á hora de loitar contra as violencias machistas”, comenta a concelleira de Igualdade, María José Pose.
A praza do Concello acollerá a elaboración dun puzzle xigante conformado polas crianzas dos centros educativos do municipio ao remate da primeira actividade que se celebrará. A partir das 10:00 horas, terá lugar unha andaina polo “Roteiro 8M” baixo o lema “Nesta loita andamos tod@s”, con saída ás 10:00 horas da mañá da propia xornada na que se conmemora o Día Internacional pola Eliminación da violencia contra a Muller. As inscricións poderán facerse ata o venres 24 de novembro ás 14:00 horas, na ligazón dispoñible no enderezo web municipal.
Pose insiste na necesidade que existe “a todos os niveis da sociedade” de seguir loitando para equiparar os dereitos de homes e mulleres, e “non deixar no esquecemento que moitas perderon a vida” nesta loita “que é de todas e todos” e non só “dous días ó ano, como poden ser o 8M e o 25N; son os 365 os que temos que adicar a esta causa”.
Actividades cofinanciadas coas axudas do pacto do Estado.