Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou a Mesa de Calidade do destino no Centro Sociocultural de Baio co obxectivo de propoñer a certificación de 34 establecementos da Costa da Morte polo Sistema de Calidade Turística en Destino, coñecido como SICTED.
Entre as propostas para obter este distintivo atópanse a Casa da Canle, as Casas da Fontenla e o Castelo de Vimianzo.
O SICTED serve como ferramenta para crear destino, apoiar ao emprego turístico e á creación de novas colaboracións entre entidades e institucións.