07-11-2023
Vimianzo despide este domingo o ‘Outono rebuldeiro’ con Xoán Curiel
O Concello de Vimianzo despedirá este domingo, 12 de novembro, a programación do ‘Outono rebuldeiro’, un conxunto de actividades culturais para público familiar.
Será a partir das 18:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura e da man de Xoán Curiel. A partir dunha narración inicial, o autoo narra cómo foron os seus comezos na música.
O espectáculo vaise transformando nun concerto onde canta temas dos seus libro-discos infantís editados coa Editorial Galaxia. Un conto-concerto divertido e didáctico para toda a familia, que requerirá toda a participación do público asistente.
A entrada é de balde ata completar aforo, puidéndose reservar na web
www.woutick.es ou no despacho de billetes da Casa da Cultura, ben ata o venres en horario de 9:30 a 14:00 horas ou o domingo desde unha hora antes do comezo da función.