Concello de Vimianzo
26 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

02-11-2023

Os callos de Carnés e os pinchos irmandiños, presentes un ano máis na feira gastronómica XANTAR de Ourense

Os callos de Carnés e os pinchos irmandiños, presentes un ano máis na feira gastronómica XANTAR de Ourense

O Concello de Vimianzo participou un ano máis no Salón Internacional de Turismo Gastronómico, XANTAR,  que se está a celebrar en Ourense.
Hoxe, o chef vimiancés Fabián Mouzo realizou unha demostración da elaboración de pratos típicos do municipio, cuxos protagonistas foron un ano máis os callos de Carnés e os pinchos irmandiños.

O primeiro dos tres showcooking que realizará nesta xornada foi ás 13:00 horas, cando executou unha demostración da elaboración dos callos da Faguía de Carnés, declarada de Interese Turístico de Galicia. 

O segundo, ás 17:30 horas. Neste amosou a confección do Chicharrón Irmandiño, recordando os Pinchos Irmandiños, petiscos da Festa do Asalto ao Castelo, declarada tamén de Interese Turístico de Galicia, e que tan só se poden idear con ingredientes da Idade Media.

A última demostración culinaria será ás 19:00 horas, na que preparou o tradicional xurelo marinado en auga de Sabadelle, elaborado a partir de produtos locais.
Ademais destas tres demostracións, neste evento tamén participaron distintos establecementos locais co obxectivo de darlle visibilidade aos seus produtos máis recoñecidos. Estiveron presentes Cárnicos Domínguez, Mel do Perillán, Auga de Sabadelle, os doces de Silvina Muñoz e os bolsos de madeira e coiro de Suidade.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, e as concelleiras de Benestar Social e Promoción Económica, María José Pose e Beatriz Pazos, presentes durante a xornada inaugural, quixeron agradecer “á Deputación da Coruña por deixarnos amosar o noso potencial gastronómico, así como a Fabián, cuxa implicación coa nosa cultura está máis que probada pero que nos segue a sorprender ano a ano, foi un éxito total”, asegurou.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X