01-11-2023
Vimianzo abrirá o mes de novembro cunha charla sobre o autismo
Esta semana Vimianzo será o escenario da charla 'Comprender o autismo e as condutas que nos preocupan'. Levarase a cabo o sábado, 4 de novembro, na Casa da Cultura e terá unha duración de catro horas: de 10 a 14 horas da mañá.
Esta sesión, de entrada libre, está dirixida ás familias e profesionais da educación. O obxectivo é que os asistentes coñezan dunha maneira máis ampla os comportamentos propios das persoas con Espectro Autista e algunhas prácticas útiles á hora de tratar con eles.
A encargada de facelo será a psicóloga, docente e especialista en autismo Marlene Horna Castiñeiras. Ademais, é autora do libro 'Niños y niñas en el espectro del autismo. Comprensión y estrategias prácticas de apoyo educativo', onde recolle parte dos coñecementos que impartirá na charla.
O Concello de Vimainzo e o Centro de Formación e Recursos da Coruña patrocinan o faladoiro e, pola súa parte, os diferentes centros educativos de Vimianzo tamén participan na iniciativa. Estos son: o CEIP Plurilingüe San Vicenzo, CEIP Baiñas, CEIP Castromil e a Escola de Educación Infantil Carantoña.