Concello de Vimianzo
26 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

31-10-2023

O Concello e a Deputación estudan a implementación de novas medidas de política social

O Concello e a Deputación estudan a implementación de novas medidas de política social

O Concello de Vimianzo e a Deputación da Coruña mantiveron un encontro o pasado xoves para avaliar e estudar a posta en marcha de novas medidas de política social.

Na xuntanza coa deputada de Política Social, María del Mar García Vidal, participaron a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; a concelleira de Benestar Social, María José Pose; a concelleira de Promoción Económica, Beatriz Pazos e a técnica de Servizos Sociais do Concello, Sandra Abeijón.

Entre as cuestións abordadas, tratouse o éxito que está a ter no municipio o programa piloto para paliar a soidade non desexada nas persoas maiores. Nun municipio rural e de gran extensión demográfica, como é o caso de Vimianzo, os episodios de soidade en persoas maiores non deixan de medrar, polo que desde o Concello solicitaron a continuación no tempo deste programa, que foi de gran axuda para un importante número de persoas. Pola súa parte, o ente provincial comprometeuse a estudar esta posibilidade.

O goberno local tamén subliñou o esforzo que supón, dadas as características do municipio, levar as actividades do programa de envellecemento activo a todas as parroquias, mentres que a deputada mostrou o seu compromiso para estudar a posibilidade de conectar estes programas co Plan de Soidade: “a nosa intención é seguir apoiando, como ata o de agora, aos 82 concellos con menos de 20.000 habitantes, e buscar axuda para as persoas máis vulnerables como, neste caso, as persoas maiores, ou as persoas con diversidade funcional”. 

Nesta mesma liña, García Vidal asegurou que “para nós o coidado dos nosos maiores é primordial, por iso estamos estudando todas as posibilidades para intentar seguir colaborando con distintas axudas nesta materia”.
Pola súa banda, a concelleira de Benestar Social, María José Pose, destacou “o inmenso labor que desempeña a Deputación no eido dos Servizos Sociais” e subliñou que “para nós é imprescindible que se manteñan estas políticas públicas de cara a protexer os dereitos dos nosos maiores”.

 
Outras medidas de apoio

Como peche ao encontro, o Concello tamén solicitou a ampliación da Vivenda Comunitaria, xa que se trata dun espazo que está a quedar moi pequeno para os servizos que se prestan nela.

Demandouse, por último, financiamento para poder ampliar o Servizo de Axuda no Fogar, para poder levar a cabo a actividade do CIM, que conta coas instalacións precisas para desenvolver o seu labor, pero non co investimento necesario para poder realizalo. Por último, tamén se solicitou axuda para poder ampliar o servizo de transporte da Escola Infantil, que na actualidade conta cunha importante lista de espera.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X