10-10-2023
O Concello traballa para a homologación dunha quinta aula para a Escola Infantil Municipal
O Concello de Vimianzo traballa para conseguir a homologación dunha quinta aula para a Escola Infantil Municipal, dependencia que actualmente se atopa en reformas para incrementar o número de prazas deste servizo das 61 actuais ata as 75.
A intervención que se está a realizar nestes momentos é integral, tanto a nivel estrutural en muros e teito, como na previsión da instalación de futuro mobiliario para as pequenas e pequenos. Tamén contará co correspondente illamento térmico para os meses máis fríos e contribuír á súa vez a un maior aforro enerxético.
A concelleira de Benestar Social, María José Pose, incide en que “con esta intervención damos resposta a un servizo máis demandado cada ano” e considerando que “as cativas e cativos merecen unhas instalacións nas mellores condicións”.