Concello de Vimianzo
26 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

03-10-2023

O Concello presenta a súa programación cultural de outono e inverno para pequenos e maiores

O Concello de Vimianzo, da man da concelleira de Cultura, Rosa Blanco; a concelleira de Benestar Social, María José Pose, e a técnica de Cultura, Nieves Lema, presentou hoxe a súa programación cultural de outono e inverno para pequenos e maiores.

Por primeira vez, particípase no circuíto Escena Norte, e tamén se suma talento local, como Vicente Mohedano ou Soraya Lema.

As sesións para adultos serán os sábados ás 20:30 horas 1 , namentres que o ‘Outono rebuldeiro’ terá lugar os domingos ás 18:30 horas. Para as primeiras, haberá un bono de 4 espectáculos a un prezo de 15 euros, no que non está ncluído o mago Pedra Volta, que terá un custe de 10 euros e poderase mercar en www.woutick.es. O prezo dos espectáculos ‘Man morta’, ‘Missery’, ‘Testosterona’ e ‘Sen lingua’ será de 5 euros; 2,50 a entrada reducida. Serán de balde ‘As bestas’, ‘O bar de Chirivito’ e o documental ‘Cardoña fotos a 7 pesetas’. O prezo reducido aplicarase a maiores de 65 anos e estudantes, sempre e cando se acredite tal condición. A venda anticipada será en woutick.es ou na billeteira da Casa da Cultura, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. O día da función, na propia taquilla desde unha hora antes do inicio do espectáculo. Non se poderá acceder á sala unha vez comezado o acto.

No que respecta ó ‘Outono rebuldeiro’ a entrada será de balde, con reserva e ata completar aforo. Poderanse formalizar tanto en woutick.es como na billeteira da Casa da Cultura, de luns a venres de 9:30 a 14:00 horas. A taquilla estará aberta desde unha hora antes do comezo dos espectáculos. Non se reservarán entradas para o 23 e 24 de outubro, xa que se trata dunha función para os centros educativos de Vimianzo.
A concelleira de Cultura, Rosa Blanco, quixo destacar o traballo “de todo o departamento de Cultura do Concello de Vimianzo, en especial Nieves Lema, por agraciarnos un ano máis cunha programación do máis completa e accesible posible. Tamén á Deputación da Coruña, á Rede Galega de Teatros e Auditorios, a Camiño Escena Norte e á Rede de Bibliotecas de Galicia da Xunta de Galicia”.

Síntese das programacións:

Adulto

  • 7 de outubro: ‘Entrega en man’, de Contraproduccións.
  • 14 de outubro: ‘Misery’, de Saltantes Teatro.
  • 15 de outubro: ‘As bestas’, Ciclo Nacional de Cine.
  • 28 de outubro: ‘O bar de Chirivito’, de Éche o que hai teatro.
  • 4 novembro: ‘Testosterona’, de Malasombra.
  • 11 de novembro: ‘Ilusionante’, de Pedro Volta.
  • 18 de novembro: ‘Cardoña fotos a 7 pesetas’, documental de Carlos Lorenzo.
  • 25 de novembro: ‘Sen lingua’, de Serea Produccións.
Outono rebuldeiro

  • 8 de outubro: ‘Extra!!’, de Paco Nogueiras.
  • 22 de outubro: ‘Cartoons’, de Excéntricas.
  • 23-24 de outubro: ‘Aitana e a avoa, e outros contos violetas’, de Soraya Lema.
  • 24 de outubro: ‘Maxia para todxs’, de O Mago Pedro Bugarín.
  • 31 de outubro: ‘O castelo do terror’, de A Banda do Verán.
  • 12 de novembro: ‘Conto-concerto’, de Xoán Curiel.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X