Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

28-05-2012

Grande éxito dos actores e actrices do Grupo Teté Teatro de Salto

O pasado sábado os actores e actrices do Grupo Teté Teatro de Salto encheron de público o auditorio da Casa da Cultura para asistir á posta en escena da peza teatral Un asilo para mamá. Unha obra en clave de humor dirixida por Toño Casais, de Talía Teatro, na que participaron dezaseis actores e actrices das parroquias de Salto e Tines: Teresa Ferreira, Sara Rodríguez, Roberto Gándara, Laura Bras, Verónica Castiñeria, Hermelinda Ramos, Margarita Santos, élida Rojo, Mª José Martínez, Pablo Blanco, Paula Blanco, Patricia Maceiras, Berta Rodríguez, Patricia Cumplido, Carmen Sánchez e Susana Vila, todos eles integrantes da Asociación Neira Marcos de Salto, formaban o elenco de artistas que arrincaron o riso e o aplauso do auditorio e as numerosas felicitacións ao remate da función.
O Grupo Teté Teatro foi o primeiro dos grupo das Escolas de teatro do concello en enfrontarse ao público para clausurar o curso 2011- 2012. Os seguintes en actuar serán o Grupo de teatro Os Sapapusios de Pasarela o vindeiro domingo día 3 de xuño.      

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X