Concello de Vimianzo
26 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

28-09-2023

Vimianzo, Muxía e Camariñas clausuran o cuarto obradoiro dual de emprego conxunto ‘Camiño ao Emprego 2022’

Vimianzo, Muxía e Camariñas clausuran o cuarto obradoiro dual de emprego conxunto ‘Camiño ao  Emprego 2022’

Os Concellos de Vimianzo, Muxía e Camariñas clausuraron esta mañá a cuarta edición do obradoiro dual de emprego “Camiño ao Emprego 2022”. Trátase dun fito histórico, pois ningún concello ata o de agora fora quen de acoller catro obradoiros deste tipo.

A iniciativa contou coa participación de 20 alumnos e alumnas e desenvolveuse de forma simultánea en Camariñas, Vimianzo e Muxía. Impartiuse formación en dous ámbitos: ‘Montaxe de mobles e elementos e carpintería’ e ‘Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción’.

A subvención para realizar o obradoiro concedéuselle ao Concello de Vimianzo, como entidade promotora, por valor de 503. 987 euros, con cargo ao orzamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego. As empresas poderán contar coas alumnas e alumnos deste programa grazas ós incentivos de contratación - 30.000 euros para 20 - da
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
Ao longo destes 12 meses o alumnado realizou diferentes tarefas na escola unitaria de Xaviña, Camariñas; no parque infantil de Camelle, en Camariñas; no parque infantil de Camariñas; no parque infantil de Ponte do Porto, Camariñas; na pasarela de Reira, en Camariñas; na Casa do Concello de Vimianzo; na piscina municipal de Vimianzo; na escola de Señoráns, en Vimianzo; na escola de Castromil, en Vimianzo; na Casa da Cultura de Vimianzo; na escola de Señoráns, en Vimianzo; en Vimianzo; nos xardíns da Torre, en Vimianzo; na área de descanso de Tines, en Vimianzo; no Paseo do Río, en Vimianzo; no parque de Castromil, en Vimianzo; no campo da festa de Bamiro, en Vimianzo; na escola de Padreiro, en Vimianzo; no local social de Quintáns, en Muxía; no local social de Senande, en Muxía; no local social de Viseo, en Muxía ou no parque infantil de Viseo, en Muxía, entre outros emprazamentos.

Un total de 1920 horas de formación que hoxe rematan e no que tamén se implicaron un total de 6 persoas do equipo directivo do mesmo: 1 directora, 2 docentes de especialidade, 1 docente para orientación laboral, 1 administrativo e 1 titor.

A rexedora do Concello de Vimianzo, Mónica Rodríguez, quixo facer fincapé nas posibilidades laborais que xeran este tipo de obradoiros “que ofrecen un amplo abano de saídas laborais e permiten aos alumnos e alumnas adquirir novos coñecementos formativos para construír o seu futuro”.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, subliñou que “este programa supón unha oportunidade laboral trascendente dado o contexto actual, e ademais outorga uns certificados que están moi ben valorados nos ámbitos relacionados con estes certificados”.

O alcalde de Muxía, Iago Toba, recalcou “o beneficio a nivel formativo que estes obradoiros lles outorgan aos participantes ao aprender novas competencias de cara a súa vida laboral, que á súa vez desembocan en novas posibilidades de futuro e marcan un camiño para futuras accións”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X