Concello de Vimianzo
26 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

21-09-2023

O Concello volve este curso co programa de estimulación cognitiva 'Actívate'

O Concello de Vimianzo oferta por segundo ano consecutivo o programa de estimulación cognitiva 'Actívate'. Está dirixido ás persoas maiores de 60 anos e levarase a cabo nas seguintes parroquias: Baíñas, Bamiro, Berdoias, Calo, Cambeda, Carantoña, Carnés, Castrelo, Cereixo, Cures, Salto, Serramo, Tines, Treos e Vimianzo. O curso iniciarase o luns, 2 de outubro, e rematará o 31 de maio do 2024.

O principal obxectivo é que os asistentes se manteñan activos mental e fisicamente. No canto das actividades cognitivas, traballarase a memoria, o cálculo, a atención, a orientación e o razoamento, entre outros. Así mesmo, tamén se levarán a cabo sesións de actividade física, xogos, risoterapia, musicoterapia, novas tecnoloxías e de educación para a saúde.

Os responsables deste servizo, que non ten custes para as persoas empadroadas en Vimianzo, serán os psicólogos Ana Mosconi e Sergio Trillo. A inscrición debe tramitarse de forma presencial, nos Servizos Sociais do Concello, ou a través do teléfono 981 707 426.

Desde o goberno local animan aos veciños e veciñas a formar parte do programa, pois “supón unha moi boa opción para manter unha óptima saúde mental e física, así como para favorecer as relacións sociais dos nosos maiores”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X