Concello de Vimianzo
27 de xullo de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

04-09-2023

As empresas poderán contar con persoal participante no obradoiro de emprego antes do 17 de outubro

As empresas poderán contar con persoal participante no obradoiro de emprego antes do 17 de outubro

As empresas interesadas na contratación de novo persoal poderán contar coas persoas que participan no obradoiro de emprego “Camiño ao emprego 2022” ata o 17 de outubro, logo de que se publicaran os incentivos á contratación, que teñen por finalidade facilitar a empregabilidade e a ocupabilidade das persoas que participan en dito obradoiro, financiados pola consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. 

Os contratos temporais incentivaranse cunha subvención fixa de 1500 euros por cada traballador ou traballadora, correspondente ao contrato mínimo de 3 meses a xornada completa. 

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos á contratación as persoas empregadoras e as empresas cuxa actividade estea directamente relacionada coa formación impartida no obradoiro: “Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción” ou con “Montaxe de mobles e elementos de carpintería” e que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial de Galicia.

O alumnado traballador de ambas especialidades realizou nos últimos meses actuacións nos tres concellos participantes. A especialidade de “Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción” renovou o interior, exterior e tellado do local social de Senande (Muxía). 

Neste concello tamén saneou e revestiu as paredes nas dúas plantas interiores, no acceso e as escaleiras do local social de Viseo. Por outra banda, déronlle unha renovación interior ao local de lado da igrexa de Castromil (Vimianzo). Unha das obras que concentrou máis tempo foi a da Escola de Xaviña (Camariñas) que se emprega como Casa do Maior. 
 
Nesta escola habilitaron os dous accesos que estaban en mal estado, rasparon as zonas deterioradas das fachadas e aplicaron hipoclorito para o posterior lavado. Sanearon as fisuras, tapiaron varias ventás traseiras que quedaran inutilizadas, retiraron a pintura vella, selaron e illaron as unións co terreo para evitar filtrados de auga e pintaron o exterior, muros e valado.

No que respecta á especialidade “Montaxe de mobles e elementos de carpintería” o seu traballo realizárono no parque infantil de Viseo (Muxía) onde limparon con hidrolimpadoras toda a zona, repararon o valado, as mesas e bancos do merendoiro, recuperaron e trataron os elementos de xogo deteriorados, pintaron os paneis sinalizadores, e as farolas. En combinación coa outra especialidade trataron e arranxaron as portas de madeira, as tapas das persianas, banco de deporte e un xogo infantil do local social de Senande (Muxía).

Nestes meses encargáronse dos parques infantís de Camelle (Camariñas), coa reconstrución de novos elementos para instalar noutros lugares do concello, xunto co arranxo das portas da Escola de Xaviña e no parque, situado xunto a igrexa da mesma parroquia, o valado e os xogos. Para o Concello de Vimianzo repararon varios mobles públicos, como bancos e carteis sinalizadores, montaron mobiliario do castelo e unhas gradas para uso en eventos culturais. Na Ponte de Cambeda repararon os accesos que estaban rotos pola corrente da auga.

A un mes da súa finalización están saneando e pintando varios locais públicos como a Escola de Señoráns, que actúa como base do propio obradoiro xunto co arranxo de máis mobiliario. Dende o equipo directivo animan ás empresas dos arredores a que soliciten os incentivos á contratación das persoas que participaron durante este ano en ambas as especialidades.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
18
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X