Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo vén de publicar a licitación do proxecto para pavimentar a vía que une Salto e Reboredo con cargo ó Plan de Mellora de Camiños Municipais 2023/2024 do AGADER. O orzamento base serán 95.548, 86 euros e o prazo de presentación de ofertas remata o 15 de setembro de 2023.
Este viario, que permite dar conexión dos núcleos de Castro, Salto, Reboredo e O Careixo coa estrada AC-552, atópase na actualidade asfaltado e conta cun firme con baches e deformacións debido ó tráfico de vehículos de gran capacidade.
Para reparar a capa de rodadura do viario e dos entronques existentes procederase a aplicar unha capa de aglomerado en quente de 6 centímetros a toda a plataforma, previa reparación de baches e perfilado de mordentes.
Para os dous entronques en zahorra existentes, está prevista a extensión de 6 centímetros de aglomerado en quente a toda a superficie sobre 15 centímetros de firme de pedra. Tamén se executará a limpeza de gabias en ambas marxes e a execución de 100 metros de cuneta revestida formada por 15 centímetros de pavimento de formigón e 20 centímetros de zahorra, así como a instalación de 5 arquetas con sumidoiro para a correcta recollida das augas pluviais.
Por último, contémplase a instalación de 32 metros de barreira de seguridade, o pintado da sinalización vertical e a colocación de 6 sinais de STOP.
O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, quere remarcar que “se trata dunha intervención necesaria e que optimizará as condición dunha vía que conecta puntos moi importantes do noso municipio cunha estrada de gran volumen de circulación”, asegura.