25-08-2023
O Concello convoca a liña de axudas para o inicio do curso académico 2023/2024
O Concello de Vimianzo convoca a liña de axudas para o inicio do curso académico 2023/2024, e á que poderán optar as familias con rapaces e rapazas escolarizadas en Educación Infantil, Primaria ou Secundaria; Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior empadroadas en Vimianzo. É condición indispensable que a matrícula sexa nun centro público, e a renda per cápita dos pais/nais ou titores legais do alumnado non supere os 9.000 euros anuais.
En total, habilitouse unha partida orzamentaria de 32.000 euros para este fin, estando o prazo de solicitudes aberto desde mañá, sábado 26 de agosto, ata o vindeiro 30 de setembro de 2023. Poderanse formalizar tanto de xeito presencial, no rexistro municipal conforme o modelo facilitado pola Administración local no seu enderezo web, como na sede electrónica do Concello de Vimianzo.
O obxectivo principal desta convocatoria é facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación, para adquirir material escolar, musical, informático, así como roupa e calzado ou outro material que dende a comisión avaliadora considere necesario para o alumnado matriculado en centros escolares públicos durante o curso escolar actual.
Descargas