Concello de Vimianzo
29 de xullo de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

26-07-2023

Vimianzo aproba en Pleno intervencións futuras por valor de máis de medio millón de euros

O Concello de Vimianzo segue na procura de acordos con diversos organismos e institucións para acadar melloras que redunden no benestar da veciñanza coa implementación de mellores servizos. 

Esta mañá aprobáronse en Pleno intervencións futuras por valor de máis de medio millón de euros (507.785 euros), entre as que destacan: a creación dun parque infantil en Carnés, coa achega de 33.879,99 euros por parte da Xunta de Galicia, do total de 48.399,99 euros do montante do proxecto; medidas a impulsar para mellorar o medio ambiente para os concellos de Dumbría e Vimianzo, un proxecto que supón un total de 47.129,50 euros e dos que 30.634,18 euros serán achegados tamén polo ente autonómico; a mellora da eficiencia enerxética do polideportivo de Vimianzo, o proxecto de máis envergadura, un total de 266.751,93 euros e no que se financiarán 140.000 euros enmarcados no Fondo de Cooperación Local destinado aos concellos de Galicia con poboación inferior a 15.000 habitantes habilitada pola Xunta de Galicia; a pavimentación da estrada de Reboredo, cofinanciada con FEADER no marco do plan estratéxico da PAC 2023-2027 en réxime de concorrencia non competitiva, por un total de 97.127,78 euros e dos que se subvencionarán 78.966; e por último, o acondicionamento da pista de adestramento ou atletismo, que supón 48.375,8 euros e dos que 38.700,64 euros serán aportados pola Xunta de Galicia. A instalación estará homologada coas medidas correspondentes. Os puntos contaron coa unanimidade de todos os grupos

Dentro deste último proxecto cabe destacar que tamén se instalarán dous novos banquiños, unha portería e adquirirase un novo desfribilador acorde á normativa.  Un total de 9.234,84 euros en novo material. 

 
Festivos locais
Na sesión, tamén se acordou que os festivos locais do vindeiro ano 2024 serán o 22 de xaneiro, San Vicenzo, e o 12 de agosto. 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
18
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X