Concello de Vimianzo
26 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

03-07-2023

O Concello abre o prazo de inscricións para visitar Tenerife

  • A viaxe desenvolvera no mes de outubro e vai destinada aos veciños e veciñas de 55 ou máis anos empadroadas no municipio.

O Concello de Vimianzo, dende a área de Servizos Sociais, organiza unha viaxe a Tenerife Sur para a veciñanza de 55 ou máis anos co obxectivo de incrementar a oferta lúdica e de ocio entre a poboación desta idade.

A duración da mesma será dunha semana, dende o venres 6 de ata o venres 13 de outubro, habilitándose un total de 100 prazas.

O prazo de inscrición abriuse este luns, 3 de xullo, e rematará cando se completen as prazas ofertadas. Será imprescindible estar empadroado ou empadroada no municipio.

Desde o Concello están seguros de que “pronto se cubrirán as prazas xa que este tipo de iniciativas son unha forma máis de conectar á veciñanza, de que desfruten do seu tempo libre e de que coñezan novos lugares ao tempo que se relaxan da rutina do día a día”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X