Concello de Vimianzo
29 de xullo de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

17-06-2023

Constituída a nova corporación do Concello de Vimianzo tras a celebración do Pleno de investidura

Constituída a nova corporación do Concello de Vimianzo tras a celebración do Pleno de investidura

O Auditorio da Casa da Cultura acolleu esta mañá o Pleno de investidura no que se constituíu a nova corporación do Concello de Vimianzo. Mónica Rodríguez, do PSdeG-PSOE de Vimianzo, será novamente alcaldesa os vindeiros catro anos, e acompañarana nove edís socialistas, dous do BNG de Vimianzo e un do Partido Popular de Vimianzo. 

A rexedora, visiblemente emocionada, quixo agradecer o traballo “á corporación saínte e desexarlle toda a sorte do mundo ós novos concelleiros e concelleiras, xa que todas as forzas que integran a corporación para o exercicio 2023-2027 presentan novos nomes e a súa fortuna á hora da toma de decisións redundará no beneficio colectivo de Vimianzo”. 

“O progreso é o noso obxectivo. Se facemos balance, creo que Vimianzo é mellor que hai catro anos, pero temos moito que facer e nese camiño estamos”, aseverou a que continuará sendo alcaldesa de Vimianzo.
Rodríguez finalizou o seu discurso non sen antes agradecer o apoio amosado polo pobo de Vimianzo: “Grazas por confiar de novo en nós; a nosa motivación segue intacta e sabedes que podedes contar con este equipo para todo o que queirades, as nosas portas seguirán sempre abertas”. 
 
 
 
 
Resultado da votación 

Os tres candidatos á alcaldía se postularon para ocupar o cargo de rexedor ou rexedora: Mónica Rodríguez, Benxamín Queiro e José Manuel Rodríguez. Ganou Mónica Rodríguez cos dez votos a favor do PSdeG-PSOE de Vimianzo, proclamándose alcaldesa do Concello de Vimianzo. 

 
Conformación definitiva da nova corporación

Mónica Rodríguez – PSdeG-PSOE de Vimianzo
Víctor Muíño - PSdeG-PSOE de Vimianzo
María José Pose - PSdeG-PSOE de Vimianzo
Miguel Ángel Pérez - PSdeG-PSOE de Vimianzo
Rosa Blanco - PSdeG-PSOE de Vimianzo
Mario Andújar - PSdeG-PSOE de Vimianzo
Sergio Miñones - PSdeG-PSOE de Vimianzo
Manuel Pose - PSdeG-PSOE de Vimianzo
Beatriz Pazos - PSdeG-PSOE de Vimianzo
Josefa Campos - PSdeG-PSOE de Vimianzo
Benjamín Queiro – Bloque Nacionalista Galego de Vimianzo 
Lorena Suárez – Bloque Nacionalista Galego de Vimianzo 
José Manuel Rodríguez – Partido Popular de Vimianzo

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
18
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X