Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

09-06-2023

A Faguía de Carnés e o Asalto ao Castelo, protagonistas vimianceses en FESTUR 2023

O Concello de Vimianzo está presente nunha nova edición de FESTUR, e xa van nove, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra do 8 ao 11 de xuño en Silleda.

A Faguía de Carnés, cos callos, e o Asalto ao Castelo, co pincho irmandiño, son os protagonistas cunha degustación hoxe, venres 9 de xuño, a partir das 14:30 horas ambos petiscos.

As persoas visitantes poden descubrir Vimianzo, o corazón da Terra de Soneira, grazas á presenza de Mariví Amigo, técnica de Turismo da Administración local e persoa encargada de explicarlle os pormenores do potencial turístico a toda a xente que se achegue ata o posto propio.

Desde o Concello de Vimianzo queren “agradecer a posibilidade que ofrece FESTUR de dar a coñecer e potenciar as posibilidades do noso municipio, tanto de gastronomía como de patrimonio, material e inmaterial, como poden ser tantos recursos que visitar e as nosas dúas Festas de Interese Turístico Galego, a Faguía de Carnés e o Asalto o Castelo de Vimianzo, dous estandartes dos que estamos moi orgullosas e orgullosos”, anuncian.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X