Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

30-05-2023

A primeira edición da Tarde-Noite Infantil Meiga verá a luz no marco do Asalto ao Castelo 2023

O Asalto o Castelo de Vimianzo potencia o conxunto de actividades en que o público infantil é o principal protagonista coa organización da I Tarde-Noite Infantil Meiga, que se celebrará o mércores 28 de xuño, de 19:00 a 22:00 horas no foxo da fortaleza. 

O programa conta con diversas propostas artísticas nas que o miúdo exército irmandiño será chave para derrocar as forzas do mal que viven no Castelo: ofrenda floral, contacontos da liberdade, esconxuro da limoada, pasarela de moda guerreira, baile da revolución, toma do Castelo, danza da alegría ou banquete do triunfo son exemplos dalgunhas das accións que terá que acometer a lexión cativa. 

Son 50 as prazas que se ofertan para esta actividade e para o que será preciso facer do 5 ao 16 de xuño unha pre inscrición a través dun formulario web e, posteriormente, a incrición do 19-23 xuño na Casa de Cultura, en horario de oficina. A inscrición ten un custo de 3 €. 

Esta iniciativa reforza, por tanto, a conexión dos nenos e nenas coa historia irmandiña, nunha aposta que enlaza con actividades xa consagradas como o Asaltiño, sempre coa idea de seguir cultivando semente de vencer

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X