27-04-2023
Historia dunha nena namorada, primeira produción da compañía de teatro local O sol de outono
Este xoves pola mañá tivo lugar a presentación do cartel da obra 'Historia dunha nena namorada do mar', a primeira produción da compañía de teatro local 'O sol de outono' de Soraya Lema Carballo.
A vimiancesa acudiu ao Auditorio Municipal xunto cos seus compañeiros Javier Sampedro e Xaquín Lema, quen a acompañarán nas vindeiras función na música e no son, respectivamente.
As persoas que desexen ver este espectáculo poderán facelo este domingo, 30 de abril, ás 18:30 horas na Casa da Cultura de Vimianzo.