Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Os nenos e nenas de Vimianzo tiveron a oportunidade de compartir un enecontro literario coa escritora ceense Concha Blanco, autora que máis libros infantís en galego ten publicados.
O pasado sábado tivo lugar este necontro literario na biblioteca municipal onde os nenos e nenas tiveron oportunidade de compartir aventuras literarias e vivencias reais coa autora. Concha Blanco comezou facendo unha breve reflexión sobre a creación e a necesidade dun día das letras galegas, para pasar logo a un plano máis persoal falando da súa experiencia como escritora, da súa afección pola lectura desde nena, e porque un día se decidiu a escribi contos para nenos en galego. A escritora respondeu a todas as preguntas que os rapaces lle plantexaron sobre a súa propia experiencia e sobre a literatura. o encontro rematou cun sorteo de libros da autora entre os presentes que aproveitaron a ocasión para levalos cunha dedicatoria persoal.