Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

05-04-2023

A XI Carreira Pedestre chegará a Vimianzo o vindeiro 16 de abril cunha proba a favor da AECC


O vindeiro domingo, 16 de abril, o concello de Vimianzo será a sede da XI Carreira Pedestre, enmarcada no circuíto ‘Correndo pola Costa da Morte 2023’, con Diego Castiñeira Romero como padriño.

O evento consta de seis probas de diferentes distancias con saída e meta desde a praza do Concello:

3 quilómetros contra o cancro. Ás 10:30 horas será a absoluta e, dous minutos máis tarde, participarán os grupos da sub14, 16 e 18. Esta carreira é a favor da Asociación Española Contra o Cancro.

1 quilómetro. A sub 12 arrincará ás 11:00 horas.

• 600 metros. Quenda da sub 10, que comezará a competir ás 11:15 horas.

Pitufos. Para aquelas persoas nadas entre o 2016 e o 2020. Terán que percorrer 150 metros a partir das 13:15 horas.

• Distancia 10 quilómetros. Dará comezo ás 12:00 horas. Este circuíto está homologado. O récord masculino teno Amador Pena, que no 2019 fixo 32’55’’, mentres que o feminino pertence a Tina Fernández, que no 2022 realizou a proba en 37’34’’.

As inscricións deben formalizarse antes do 11 de abril, ás 23:59 horas, en www.correndopolacostadamorte.com. O prezo da carreira é de 8 euros (mais un euro de aluguer do CHIP) e as categorías base poderán participar de xeito gratuíto.

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X