Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Este sábado o municipio de Vimianzo acollerá o II Dúatlon Val de Soneira, unha proba na que se darán cita máis de 200 deportistas contando, ademais, cos mellores da especialidade.
Este evento deportivo é a cuarta e última proba puntuable para o Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada. Consta de tres probas en dúas distancias:
• Distancia súper sprint. Dará comezo ás 16:00 horas e nela participarán 55 deportistas de categoría infantil, cadete, xuvenil e júnior. Serán 2,4 quilómetros de carreira a pé, 7,2 quilómetros en bicicleta e 1,2 quilómetros a pé. Sobre esta distancia tamén haberá proba popular.
• Distancia sprint feminina. Arrincará ás 17:00 horas e contará con 35 participantes. Serán 5 quilómetros de carreira a pé; 19,4 de bicicleta e 2,5 quilómetros de carreira a pé.
• Distancia sprint masculina. A proba comezará ás 18:50 horas e nela daranse cita 121 deportistas que compoñen as categorías masculinas sobre o mesmo percorrido co das mulleres.
A saída, meta e transición estarán situadas no entorno da praza do Concello e os itinerarios discorrerán polo núcleo urbano de Vimianzo e os lugares de Vilar, As Pasantes, Somonte, Ogas e A Gándara. Está previsto que se corte a circulación nas rúas polas que se desenvolve a proba a partir das 15:50 horas, permanecendo pechadas ata o remate da mesma sobre ás 20:15 horas.