Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Os alumnos e alumnas da escola de música mostraron ante o público o traballo realizado durante todo o ano nas actividades de gaita, percusión e pandeireta.
Os familiares e amigos agardaban no auditorio a que os artistas subisen ao escenario para amosar as súas dotes musicais. Os primeiros en facer a demostración foron os alumnos e alumnas de frauta, que foron interpretando as pezas aprendidas. Logo foi a quenda dos gaiteiros que interpretaron catro pezas para que os dous tamborileiros puidesen amosarnos as súas habilidades á percusión. Seguidamente pasamos á pandeireta, dous grupos de nenas máis pequenas e dous grupos de maiores e ao ritmo de pandeireta e cantigas rematou a clausura da escola de música tradicional.