09-02-2023
Concello e Suelo Empresarial del Atlántico dan continuidade ao seu plan de mellora do parque empresarial vimiancés
O Concello de Vimianzo e Suelo Empresarial del Atlántico, SEA, deron hoxe continuidade ao plan de mellora do parque empresarial vimiancés nunha xuntanza no Consistorio esta mañá.
Durante a mesma, abordaron as futuras actuacións a desenvolver no polígono para ampliar así a súa ocupabilidade. O pasado marzo de 2022, comunicábase a mellora da oferta do chan, a prezos de 80 euros mensuais, rebaixando o custe deste concepto e a posibilidade de instalarse neste espazo sen ter que mercar unha parcela.
SEA ofrecía así un total de 40.000 metros cadrados de Dereito de Superficie, duplicando a anterior. Ademais, eran máis atractivas, as de acceso ao parque empresarial, e pasábase de ofertar só as de carácter industrial ás de uso mixto e terciario.
Ahora, nesta nova xuntanza, Sestayo constatoulle a Rodríguez “o gran interese que existe pola instalación de novas empresas no parque empresarial de Vimianzo, co que a idea principal é continuar ampliando as liñas de acceso e facer máis accesible o asentamento empresarial”.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, amosou a súa “satisfacción” polo balance dos últimos meses e incidiu na “aposta de SEA no noso parque empresarial, que por ubicación e posibilidades é un dos máis atractivos da Costa da Morte”, insistindo na necesidade de “seguir ofertando liñas de axudas que posibiliten en alto grao o asentamento da industria aquí, en Vimianzo”.