Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
A semana das letras comezou en Vimianzo a ritmo de regueifa con dous dos mellores regueifeiros, Pinto d´Herbón e Luís O Caruncho. A regueifa comezou a escoitarse en Vimianzo o domingo pola tarde, nun acto aberto ao público, onde os mestres da regueifa fixeron gala da súas dotes para improvisar coplas satíricas que encheron de gargalladas o auditorio.
O luns pola mañá a regueifa continuou soando na Casa da Cultura, nesta ocasión cun obradoiro didáctico dirixido aos rapaces e rapazas de 5º e 6º dos Ceip de Vimianzo e Baíñas, e ao alumnado de 1º e 2º da ESO do IES Terra de Soneira. Os mestres da regueifa ensináronlle aos escolares os segredos do inxenio e da poesía oral improvisada. Seguindo as indicacións de Pinto e de Luis sobre cuestións teóricas coma o verso, a rima, o ritmo, a tonada, ... os rapaces e rapazas seguiron as explicacións versadas e crearon as súas propias coplas ao ritmo da zanfoña.
Un xeito diverdido de aprender a nosa cultura popular e de divertirse ao mesmo tempo.