Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo contará nos vindeiros meses cun novo supermercado Eroski City na rúa Trasariz, concretamente nos números 59-61, que permitirá crear novos postos de traballo na localidade aumentando a oferta comercial.
Na mañá deste luns, 16 de xaneiro, a rexedora de Vimianzo, Mónica Rodríguez, acompañada do tenente de alcaldesa, Víctor Muíño, visitou o lugar no que se prevé a instalación deste novo supermercado pertencente a Joalper (sociedade franquicia de Vegalsa-Eroski de Vimianzo) e que disporá de 650 m2 de superficie de ventas, aparcadoiro exclusivo con 80 prazas e servizo de puntos de recarga eléctrica e caravanas.
Desde o goberno local apuntan a que "este tipo de instalacións fomentan o comercio non só no noso municipio senón en toda a comarca e, o máis importe, permitirán crear ata unha vintena de postos de traballo na zona logrando que Vimianzo se posicione como un bo territorio para poñer en marcha un negocio ou empresa".