Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo licita o modificado das obras de mantemento e mellora de estradas municipais en Berdoias, Castrelo, Vimianzo, Carnés, Cereixo e Calo, cofinanciado polo Plan Único da Deputación da Coruña, que contará cun orzamento base de 95.697,40 euros.
Están previstas actuacións nas estradas entre Pedra do Frade, en Berdoias e Vilaseco, Castrelo; nun tramo de estrada en Montecelos, Carnés; nun tramo de estrada entre Moreira e o cemiterio parroquial, en Carnés e nun tramo de estrada entre Calabanda e O Foxo, en Calo. En total, máis de 4 quilómetros de vías nos que se intervirá.
Redactouse este proxecto por encargo do Concello de Vimianzo co fin de dar resposta ao requerimento da Deputación da Coruña, engadíndose ademais a preinstalación do saneamento.
A modificación realizada neste proxecto, despois de xa estar adxudicado e ter que resolvelo para agora licitar novamente, consiste na eliminación da actuación da rúa Gándara (xa executada), rúa Pontenova e do tramo Tufións-Moreira, por estar moi deteriorados actualmente e a execución dun triple rego non sería suficiente para arranxar os desperfectos coas suficientes garantías, polo que se eliminan eses tramos para afrontar a mellora das que se van executar.
A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, apremia á “necesidade estrutural da realización deste proxecto, en conxunto con moitos outros, para dar solución diaria a un problema que vén de lonxe”, insiste a rexedora vimiancesa.