Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

06-12-2022

O Concello concede 218 bolsas de axudas para material escolar, destinando 35.620 euros para tal fin

O Concello vén de conceder 218 bolsas de axudas para o financiamento de material escolar ás familias vimiancesas, destinando para elo 35.620 euros para tal fin.

A convocatoria estaba dirixida ás familias empadroadas na localidade cunha renda per cápita inferior aos 9.000 euros anuais e para o alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior de centros públicos.

O obxectivo prioritario é emprestar axuda á hora da adquisición de material escolar, musical ou informático, así como roupa, calzado ou outro material que se considere necesario para as alumnas e alumnos matriculados en centros escolares públicos durante o curso escolar 2022-2023. 

Desde o goberno local consideran “prioritario” que o Concello de Vimianzo estea “ao carón das familias con poucos recursos e que poidan así desenvolver os seus estudos con plenas garantías de subministro de materiais”, sinalan.

Comproba aquí a lista de persoas admitidas e tamén as contías denegadas: https://bit.ly/3FrH4Fp

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X