01-12-2022
O Concello contempla o inicio dos traballos de rehabilitación e mellora dunha rúa interior en Bribes
O Concello de Vimianzo comezará de xeito inminente os traballos de rehabilitación e mellora dunha rúa interior no lugar de Bribes, na parroquia de Vimianzo, tarefas que contan cun orzamento de 31.660 euros con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña.
En concreto, actuarase na zona que parte cara o norte desde o centro do núcleo, un cruce de camiños que presenta unha fonte de auga. O estado actual deste tramo é bastante deficiente, necesitando un mantemento inmediato. A superficie presenta algunhas partes con discontinuidades e baches que supoñen un inconvinte para a seguridade tanto de peóns como de vehículos. É por iso que se plantexa esta intervención, “para dar solución a un problema de primeira instancia e continuar na liña de execucións para mellorar os servizos municipais á veciñanza”, comenta o edil de Obras, Miguel Ángel Pérez.
Renovarase por completo a capa de rodaxe do pavimento existente, configurándose en formigón armado e as superficies de forma irregular que queden entre a calzada e as vivendas pavimentaranse con adoquín de pedra de granito. A canalización de pluviais renovarase con novos canlóns, pozos de rexistro e colectores soterrados.